Non te resistas

Tuesday, June 14, 2005

xa nos despedimos

por fin acabamos este curso. Estamos tan cansados que non imos ter nin ganas de ir a praia. Toda esta semana témola chea de exames e traballos, pero, como se soe dicir, e mellor apretar 2 semanas que todo o verán. Olvidarnos de todo é o mellor que podemos facer. Esperamos que o pasedes moi ben, sobre todo a xente que estudia e que nos comprenden.moitos biquiños e ata sempre.

Tuesday, June 07, 2005

vaia rollazo de curso!!

Isto é un aburrimento, todo é estudar, estudar e estudar. ah! é olvidávasenos estudar:mates, lingua,cultura, plástica...Temos xa ganas de que chegue o último día de curso para non volver tocar un libro ata setembro. Gustaríanos saber que tal estades vós. Nós estamos fartos de tanto profesor e tanta ostía, MECAJOENDIOSSS! Oxe xa temos que estudar para dous exames, co diaza que fai...podendo estar na praia!Agora témovos que deixar para seguir estudando.ATA NUNCA, que o estudio vai acabar con nós.

A nosa música

A nós gústanos moito a música, de todo tipo, de todos os paises, de todos os idiomas: inglés, español, alemán, francés... é galego?
Claro que tamén nos gusta a música galega, pero, se se pensa ben, eu coñezco cancións inglesas e españolas tamén, pero... os ingleses e españois coñecen a música galega?
É unha pena que moita xente ainda non a coñeza,porque se fora así´coñecerían tamén a nosa cultura,a nosa forma de ser, de vivir...e sobre todo, o noso idioma, a nosa lingua.
Opinamos que a música ten o mesmo valor musical, sexa cal sexa o idioma utilizado, aínda que a realidade é que o inglés nos invade musicalmente. Claro que temos artistas bos, pero xustamente, eses artistass que son coñecidos en España utilizan o español, un exemplo moi bo é Marta Sánchez, aínda que a nós non nos gusta moito parece ser que á maioría si. Se cantase en galego tería o mesmo éxito? Esperamos que si, pero claro, non se sabe ata que ela probe.
Por sorte hai artistas que cantan en galego, pero se lle preguntamos á xente de fóra de Galicia seguro que non saberían en moitos casos quen eran.
É unha pena! Co boa música que hai aquí... Aquí non só existen as muiñeiras.
Para mostra, un botón: Diplomáticos, Skarnio, Berrogüeto, Mercedes Peón...

Tuesday, May 24, 2005

todos somos iguais

Todos somos persoas, homes e mulleres, todos persoas.Aínda que, por sorte, agora a muller xa ten un papel importante dentro da sociedade, aínda hai situacións no que esto non é así. Este sempre foi un mundo ó mando dos homes, e a mín gustaríame saber,por qué foi así?
É un tema que está aí e que se lle debe dar a súa importancia. Na iglesia,temos un claro exemplo de todo isto, agora que temos un novo papa, gustaríame saber por qué non hai mulleres no lugar dos curas, obispos ou papas. Que pasa? Que a relixión dinos que temos que ser todos moi bos, respetarnos uns os outros pero non di nada sobre a igualdade, sobre a importancia da muller e sobre o seu papel na sociedade. Eso sí, na iglesia o que máis se ve son mulleres, e eu respetoo, pero tamén deben respetar as mulleres porque todos somos persoas. Outro dato moi importante, é que a malloría das carreiras universitarias en España son feitas por mulleres, e aínda así hai máis mulleres no paro. O mellor é debido a que moitas delas son despedidas polo feito de estar embarazadas e esto aos seus xefes non lles interesa. Despois queixanse da baixa natalidade que hai no noso país, como no na vai haber, nas condicións que se atopan as mulleres?

Tuesday, May 10, 2005

Lorenzo Varela

"> Xesús Lorenzo Varela Vázquez naceu en 1916 a bordo dun barco á entrada da baía da Habana. Fillo de emigrantes orixinarios de Monterroso (Lugo), en 1920 transladouse coa súa familia a Bos Aires, mais a finais desde mesmo ano regresarían á Galiza, instalándose en Lugo. Alí fixo o Bacharelato e nun acto do Partido Galeguista celebrado nesa cidade en 1932 coñeceu a Castelao e Suárez Picallo. Ao seu abeiro ingresou nas fileiras do nacionalismo, partillando militancia nas Mocidades Galeguistas con Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero e Ramón Piñeiro, nun momento en que radicalizan o seu posicionamento e se declaran "arredistas". Nestes anos coñeceu a Ánxel Fole, con quen mantería unha profunda amizade. En 1935 Varela dislócase a Madrid, onde se incorpora ás Misións Pedagóxicas e ao equipo de redacción de PAN (Poetas, Andantes e Navegantes), revista en que publicaban Rafael Dieste, Antonio Baltar e Otero Espasandín. Na tertulia do café "La Granja del Henar" coñeceu, ademais, a artistas mozos como Granell, Laxeiro, Maside ou Colmeiro. No momento do alzamento militar, Varela, integrado na "Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura", enrolouse como miliciano e afiliouse ao Partido Comunista. Durante a guerra percorreu os diferentes frentes alentando coas súas publicacións xornalísticas o espírito revolucionario dos combatentes. En 1937 tomou parte no Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascitas celebrado en Valencia. Finalizado o conflito armado, atravesou os Pirineos e ficou durante uns meses no campo de refuxiados de Saint Cyprien. En maio de 1939 conseguiu embarcar para México, onde recuperaría o seu labor xornalístico. Dous anos despois, reencontrouse co seu pai en Bos Aires, cidade en que o agardaban intelectuais amigos como Luís Seoane, Rafael Dieste ou Arturo Cuadrado. Na capital arxentina recuperou a actividade política e exerceu como crítico de arte e tradutor do portugués. O golpe de Estado do xeneral Videla en 1976 forzou a Varela a un segundo exilio. Ameazado polas organizacións paramilitares de ultradereita, saiu precipitadamente do país pola fronteira brasileira e desde alí regresou a Madrid. O apoio de Isaac Díaz Pardo e Ramón de Valenzuela resultoulle fundamental para iniciar esta nova etapa, chea de isolamento e dificultades. Refuxiado na Galería Sargadelos, dedicouse ás traducións e frecuentou a tertulia do café "Gijón". So e sen ningún tipo de recoñecemento, Lorenzo Varela morreu en Madrid o 25 de novembro de 1978. O seu corpo foi soterrado no cemiterio familiar de Monterroso. Para alén da súa produción poética e xornalística en español, a aportación ás nosas letras de Varela concretouse en Catro poemas pra catro grabados (1944), con ilustración de Luís Seoane, e o poemario sobre a guerra civil e o exilio Lonxe (1954

Monday, May 09, 2005

Anorexia e bulimia



Non perdas o control, non te deixes levar polo aspecto físico, porque iso é o que menos importa, mira para o teu interior!!!! ¡¡¡PENSA EN TI!!!

Monday, April 25, 2005

ola chiquillos!!!

que me contades??non te resistas, sabemos que o teu é o conto e darlle a lingua, non si?. Pero agora ben o máis importante: sabes darlle ben a lingua??todo é empezar correctamente e ¿cómo?, pois comezando en galego. Que vos parece se facemos un trato, colegas?NON ME ESQUEZADES!!.pois a proposta segue en pé. QUÉROVOS AMIGOS!!!. http://tonterias.iespana.es/tonterias/fondos/caballo_loco_800.jpg" align="left">